Mércores 8 de xuño 2011

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Compostela Máxica 2011

Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica.

Do 6 ao 12 de xuño en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Muller, palabra e canción" na Casa das Asociacións

No marco das Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida, represéntase Muller, palabra e canción. Este proxecto preséntase con dous monólogos: Eu e a miña visión do mundo, por Geraudi González e Néstor Mendoza, e Historia de amor para ser cantada, por Chela Palacios. Organiza a Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Asociación de Venezolanos de Santiago.

O mércores 8 de xuño, ás 18:00 horas, na explanada da Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: