Xoves 30 de xuño 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia colaboran no Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s, que convoca a Sala Nasa por terceiro ano. Trátase dunha actividade lúdica e cultural, para que a rapazada coñeza e habite durante dúas semanas nun espazo teatral non convencional que é alleo a súa experiencia habitual.

Do 27 de xuño ao 8 de xullo, na Sala Nasa.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música na rúa do Vilar

Concerto da Banda Municipal, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

O xoves 30 de xuño, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: