Luns 20 de xuño 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Veladas no Casino

Dentro do pograma con motivo do Día Europeo da Música, Veladas no Casino, con actuación do Conservatorio Histórico de Santiago.

O luns 20 de xuño, ás 18:30 horas, no Casino.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: