Sábado 28 de maio 2011

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

"A memoria da xente" no Centro Sociocultural da Trisca

A exposición A memoria da xente seguen a súa andaina polos barrios composteláns. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 24 de maio ao 7 de xuño no Centro Sociocultural da Trisca.

Axenda

"Estamos de foto!" en Conxo

Estamos de foto! Saídas, xogos, obradoiros de cociña, visitas... todo foto a foto. Programa Aula de Xogo.

O sábado 28, ás 17:30 e 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Charla con motivo do Día Nacional da Nutrición

Celébrase a décima edición do Día Nacional da Nutrición, co exercicio físico e a importancia de comer ben como temas de fondo. Con este motivo, a Casa das Asociacións acolle unha charla sobre esta cuestión a cargo da Asociación Galega de Dietistas e Nutricionistas.

O sábado 28 de maio, ás 17:30 horas, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Compostela en Danza

Nova edición do programa Compostela en Danza, organizado pola Concellería de Educación, no que o traballo de danza desenvolvido nos centros escolares se exhibe anto o público.

O sábado 28 de maio, ás 19:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

GTC (Grupo Tradicional Contemporáneo) no Campo de Fóra

A nova tradición da gaita galega exemplificada nun dos intérpretes máis laureados de Galicia, Edelmiro Fernández, e nun dos percusionistas máis respectados, Francisco Estévez, con parte do seu alumnado, a nova fornada da música tradicional. Son GTC e tocan en Compostela no marco do programa Campo de Fóra.

O sábado 28 de maio, no Local Sociocultural de Lavacolla.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: