Sábado 21 de maio 2011

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

"Estamos de foto!" en Conxo

Estamos de foto! Saídas, xogos, obradoiros de cociña, visitas... todo foto a foto. Programa Aula de Xogo.

O sábado 21, ás 17:30 e 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Crisalia no programa Campo de Fóra

Crisalia é un novo cuarteto de novos valores do folque en Compostela. Uns rapaces que veñen con moitas gañas para facer un repertorio popular e asequible: acordeón, frautas, percusión e violino. Nova entrega do programa Campo de Fóra.

O sábado 21 de maio, ás 20:00 horas, no Local Sociocultural de Pontepedriña.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: