Xoves 12 de maio 2011

Axenda

Curtocircuíto 2011

O Fesival Intenancional de Curtas Curtocircuíto vie a súa semana oficial.

Do 6 ao 15 de maio en varios espazos da cidade.

Axenda

Obradoiro de xogos e xoguetes no Centro Sociocultural de Conxo

A xogar! é a nova proposta do programa Aula de Xogo. Obradoiro de xogos e xoguetes.

O xoves 12 de maio, ás 18:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

A Real Filharmonía co violonchelista Daniel Müller-Schott

Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, desta vez dirixida por Carlos Miguel Prieto. Colaboración especial ao violonchelo de Daniel Müller-Schott. Interpretarán obras de Ligeti, Schumann e Bartók.

O xoves 12 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Con A de Astrónomas" nas Fontiñas

Con A de Astrónomas é unha historia que empeza hai miles de anos, quizáis centos de miles, cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.

Do 26 de abril ao 18 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: