Mércores 16 de novembro 2011

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Outono fotográfico nos CSC

A 29 edición do Outono Fotográfico achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro, mostrando os traballos de preto de 200 fotógrafos.

Do 4 ao 30 de novembro nos centros socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, Fontiñas, Conxo, A Trisca e O Ensanche.

Axenda

Concerto didáctico da Banda

A Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, ofrece un concerto didáctico baixo o título Imos á Banda.

O mércores 16 e o xoves 17, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa chega á súa edición número 25 traendo o mellor cine a diversas salas da cidade.

Do 9 de novembro ao 2 de decembro, en diversas salas da cidade.

Axenda

"Frei José de Vaquedano e o seu tempo (1642-1711)"

Programa de concertos e conferencias que conmemora o terceiro centenario do falecemento de Frei José de Vaquedano, un dos grandes compositores do barroco español, no ano en que se cumpren 300 anos do seu falecemento. Organizan a USC e o Museo do Pobo Galego.

Desta vez, conferencias de José López Calo, con Vaquedano e a música do seu tempo, e de Javier Garbayo, coa titulada A capela de música compostelá en tempos de Vaquedano

O mércores 16 de novembro, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Recital poético dedicado a Lois Pereiro en Vite

O grupo Ouriol realiza un recital poético e musical en torno á figura de Lois Pereiro, homenaxeado neste 2011 con motivo do Día das Letras Galegas.

O mércores 16, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural d Vite.

Compartir: