Venres 11 de novembro 2011

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Outono fotográfico nos CSC

A 29 edición do Outono Fotográfico achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro, mostrando os traballos de preto de 200 fotógrafos.

Do 4 ao 30 de novembro nos centros socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, Fontiñas, Conxo, A Trisca e O Ensanche.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa chega á súa edición número 25 traendo o mellor cine a diversas salas da cidade.

Do 9 de novembro ao 2 de decembro, en diversas salas da cidade.

Axenda

Pedaleando no Castiñeiriño

Actividade ciclista no Castiñeiriño baixo o título de Pedalea Compostela.

O venres 11 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Axenda

"Frei José de Vaquedano e o seu tempo (1642-1711)"

Programa de concertos e conferencias que conmemora o terceiro centenario do falecemento de Frei José de Vaquedano, un dos grandes compositores do barroco español, no ano en que se cumpren 300 anos do seu falecemento. Organizan a USC e o Museo do Pobo Galego.

Desta vez, o Coro Universitario Capella Compostelana, dirixido por Miro Moreira, interpreta obras do propio Vaquedano e de Buxtehude, Purcell e Zipoli.

O venres 11 de novembro, ás 20:00 horas, na igrexa da Universidade.

Compartir: