Venres 7 de maio 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXIX Feira do Libro na Alameda

A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, a Alameda acolle os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.

Do 1 ao 9 de maio, de 11:00 a 21:30 horas, na Alameda.

Axenda

Animación á lectura con Argallando

A compañía Argallando ofrece unha actividade para achegar o pracer de ler aos nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O venres 7 de maio, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Semana da Natureza en Fontiñas

O CSC das Fontiñas acolle unha Semana da Natureza chea de actividades, no marco da Aula de Xogo.

Do 4 ao 8 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Variantes do pilla

O programa Aula de Xogo da rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nas variantes do xogo do pilla.

O venres 7 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

A arte de contar un conto

O narrador Javier Rocamora, con máis de quince anos de experiencia contando contos a grandes e pequenos, fala de forma amena de como contar un conto.

O venres 7 de maio, ás 19.30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Música e poesía con Pilocha e María Barcala

Pilocha e María Barcala ofrecen un recital con poemas cantados e poemas recitados, co que buscan achegar coloquialmente a poesía e os poetas aos rapaces e rapazas, mantendo con eles en todo momento unha relación estreita e comunicativa.

O venres 7 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

O "Requiem" de Verdi pola OSG, o Orfeón Donostiarra e Ainhoa Arteta

A Orquestra Sinfórnica de Galicia, o Orfeón Donostiarra e Ainhoa Arteta xúntase para interpretar o Messa de Requiem, a obra mestra de Giussepe Verdi.

O venres 7 de maio, ás 21:00 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Compartir: