Luns 31 de maio 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra didáctica "Músicas do mundo"

Dentro do ciclo No Campo de Fóra, exposición guiada por Roberto Sala con instrumentos populares de diferentes familias -percusión idiófona e membranófona, ventos, corda pulsada e frotada-, procedencias e antiguedade.

O luns 31 de maio, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.

Axenda

Teatro Yesses representa "Europaz"

Cita no Principal con Teatro Yesses, que porá en escena Europaz. Yesses é unha compañía formada por mulleres presas no cárcere de Yeserías, coa dirección de Elena Cánovas.

O luns 31 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: