Martes 25 de maio 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Informática nos "Almorzos das Fontiñas"

Ningunha hora é mala para aprender. Por iso o CSC das Fontiñas propón almorzar clases de informática neste novo curso que se desenvolve os días 4, 11, 18 e 25 de maio.

O martes 25 de maio, ás 10:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Informática de a pé

O Centro Sociocultural das Fontiñas ofrece unha nova oportunidade de achegarse a coñecementos básicos e funcionais de informática, nun curso que se desenvolve en maio os días 4, 11, 18 e 25.

O martes 25 de maio, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

VII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto 2010

Celébrase en varios espazos da cidade o VII Festival de Curtametraxes Curtocircuíto 2010.

Máis información: Curtocircuíto

Do 23 ao 30 de maio.

Compartir: