Martes 21 de decembro 2010

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Axenda

Curtas para público novo

+Curtocircuito tráenos curtas divertidas, profundas, abstractas... que estimulan e entreteñen aos cinéfilos máis cativos. Recomendado para nenos e nenas de 11 a 14 anos.

O martes 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: