Xoves 7 de outubro 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival de Títeres "Galicreques"

O Festival Internacional de Títeres Galicreques cumpre xa 15 anos de vida e xa trouxo a Compostela máis de 300 compañías provintes de todo o mundo. Nesta edición, oportunidade de ver en directo a 20 compañías de diferentes países e con variedade de estilos e tipografías: sombras, fíos, luvas, guiñois, máscaras e outras.

Do 2 ao 10 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"A hora artística" nas Fontiñas

Nova entrega do programa Aula de Xogo, desta vez con A hora artística

Os xoves 7, 14, 21 e 28 de outubro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Charla sobre muller e saúde

A Concellería de Benestar Social e Igualdade pon en marcha o programa Muller e Saúde, un conxunto de charlas e cursos que xirarán en torno á relación da muller co sistema sanitario. Formar axentes de saúde é un dos obxectivos desta iniciativa, que busca tamén exteriorizar as dificultades que enfermas crónicas e coidadoras teñen no día a día.

A primeira das charlas será conducida pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín. Nela presentarase o programa ás asociacións sociosanitarias e ao público en xeral.

O xoves 7, ás 19:00 horas, na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños,

Axenda

A Real Filharmonía e Enrico Dindo interpretan obras de Durán, Saint-Saëns e Mozart

O programa de abono do Auditorio de Galicia trae unha nova actuación da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Ros Marbà, desta vez acompañada ao violoncello por Enrico Dindo. Interpretarán obras de Durán, Saint-Saëns e Mozart.

O xoves 7 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: