Sábado 12 de decembro 2009

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Obradoiro sobre televisión para nenos no CSC das Fontiñas

A Aula de Informática do CSC das Fontiñas acolle o obradoiro ¿Canto sabes... de televisión?, dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Inscrición previa.

O sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Víctor Hugo Pontes pecha SCQ Danza 2009 con "Manual de instrucións"

Da man do portugués Víctor Hugo Pontes represéntanse "Manual de instrucións", obra coa que se pecha a edición de 2009 de SCQ Danza. Esta é unha reflexión sobre a vivencia e a supervivencia dos individuos nas sociedades modernas. A inquedanza parte dun correcto tipo de cuestións: Como cada un se relaciona co espazo que habita?

O sábado 12 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

A Orquestra Árabe de Barcelona en Sons da Diversidade

A Orquestra Árabe de Barcelona recolle os sons mestizos do Mediterráneo para falarlle da cultura árabe a unha sociedade que con frecuencia a identifica con terrorismo, violencia e radicalidade. Baixo a dirección de Mohamed Soulimane, oito músicos consagrados cociñan unha rica mestura musical, que parte da tradición marroquí e bebe das fontes máis diversas. O Maktub da OAB é un traballo moi elaborado, cargado de sabores, palabras e sentidos árabes, cargado do son mestizo da tolerancia e da integración.

O sábado 12 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: