Xoves 22 de febreiro 2007
Axenda
A historia vai por barrios
O Programa de recuperación da memoria histórica dos barrios, "A historia vai por barrios", chega agora a Villestro.
Do 7 de febreiro ao 11 de marzo, no Centro Sociocultural de Villestro.
Axenda
Edmon Colomer dirixe á Real Filharmonía
Nova actuación da Real Filharmonía de Galicia, esta vez baixo a batuta de Edmon Colomer. Ilona Timchenko ao piano, e Anca Smeu ao violín colaborarán para interpretar:
- Chamber Concerto, op. 8, de Alban Berg
- Obra de encargo da RFG a Durán
- Variacións sobre un tema de Frank Bridge, de Benjamin Britten.
O xoves 22 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.