Sábado 6 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Faust Box"

O Fausto de Goethe expresa con total claridade a dualidade do ben e o mal e ao individuo como unha bifurcación na cal hai que escoller. A maldade de Fausto habita en Mefistófeles, un individuo (servo do demo) que o acompaña permanentemente e que cumpre as súas vontades. En Faust Box, Ut-Tópico Teatro ofrece a súa particular visión da obra.

O xoves 4, o venres 5 e o sábado 6, ás 20:30 horas; e o domingo 7 de abril, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Nick Lowe

Será en formato "one man band". Nick Lowe, a súa guitarra, a súa voz, as súas cancións e a súa mestría. Mestría porque é un mestre (non pode porse en dúbida se se teñen orellas que funcionan) na arte da composición pop. Concerto dentro do ciclo Compostela Rock.

O sábado 6 de abril, ás 20:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pradairo presenta "Pateado"

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volve cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

O sábado 6 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: