Venres 5 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Faust Box"

O Fausto de Goethe expresa con total claridade a dualidade do ben e o mal e ao individuo como unha bifurcación na cal hai que escoller. A maldade de Fausto habita en Mefistófeles, un individuo (servo do demo) que o acompaña permanentemente e que cumpre as súas vontades. En Faust Box, Ut-Tópico Teatro ofrece a súa particular visión da obra.

O xoves 4, o venres 5 e o sábado 6, ás 20:30 horas; e o domingo 7 de abril, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia co pianista Nicolai Lugansky

A Real Filharmonía de Galicia está acompañada neste concerto polo pianista Nicolai Lugansky e dirixida por Christoph König. Interpretarán obras de Chaikovski e Rott.

O venres 5 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: