Venres 19 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

"Tecnoloxía máxica"

O espectáculo Tecnoloxía máxica consiste nunha sesión de maxia na que se mestura o ilusionismo co pragmatismo científico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá.

O venres 19 de abril, funcións escolares ás 10:15 e 12:15 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Loquillo y los Trogloditas

O 23 de outubro do 2012, saíu á venda La nave de los locos, o esperadísimo novo disco de Loquillo con cancións de Sabino Méndez, autor dalgúns dos seus grandes éxitos. Tivo que pasar polo rock de base, flirtear co glam, ter unha aventura cos poetas, seducir como un crooner para chegar aquí e Santiago será testemuña diso no marco do ciclo Compostela Rock.

O venres 19 de abril, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: