Sábado 13 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Master Class Cabaret

Master Class Cabaret é un espectáculo de cabaré puro e duro no que o ritmo e a actitude definen a súa narración. Unha clase maxistral onde o argumento xira arredor do propio xénero, o mestre de cerimonias, introduce ao público en diferentes compoñentes fundamentais do xénero. Así, conceptos básicos como a ruptura da cuarta parede, a combinación de disciplinas, a sensualidade, o uso do corpo ou a danza serán exemplificadas a través de diferentes números que retratan o cabaré.

O sábado 13 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: