Mércores 10 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto didáctico coa Banda Municipal de Música

A programación de concertos didácticos Imos á banda! ten como principal obxectivo o achegamento desta agrupación aos máis novos. Neste concerto en concreto a Banda Municipal de Música centrarase no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

Os días 9, 10 e 11 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

O Grupo de Teatro do LSC da Rocha representa "A culpa foi do cha-cha-cha" en Fontiñas

O Grupo de Teatro do Local Sociocultural da Rocha representa A culpa foi do cha-cha-cha. Este Grupo ataca de novo cun texto orixinal. Nunha liña ascendente, acada máis madurez e un estilo persoal onde o humor popular, a realidade e a esperanza están ao servizo do disfrute na escena e nas butacas.

Esta actividade busca o intercambio de experiencias e a visibilización dos traballos dos grupos de teatro xurdidos nos centros socioculturais, ao amparo dos clubs de teatro regulares. Estes clubs, promovidos polo Concello, funcionan durante todo o curso sociocultural.

O mércores 10 de abril, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: