Sábado 30 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Códex Calixtinus

Do tesouro musical e artístico conservado na Catedral de Santiago, o Códice Calixtino, extrae o grupo compostelán Resonet un interesante programa de concerto que se poderá escoitar na igrexa das Ánimas.

O sábado 30 de marzo, ás 20:00 horas, na igrexa das Ánimas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Neopercusión

O minimalismo e algún dos seus abanderados (Mertens Class) son o fío conductor do suxestivo programa deseñado polo conxunto madrileño Neopercusión

O sábado 30 de marzo, ás 22:00 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: