Xoves 3 de xaneiro 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Zapatos", espectáculo de teatro para bebés na Zona C

¿Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.

O xoves 3 de xaneiro, ás 17:00 e 18:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Recital da soprano María Rey-Joly no ciclo Todo Lírica

Terceiro concerto de Todo Lírica, desta vez coa soprano María Rey-Joly, nunha sesión titulada Un inverno de contrastes. I like / hate music.

O xoves 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: