Sábado 29 de decembro 2012

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición de Alfredo Soto en Vite

A exposición Un século de retratos da vida social de Compostela, de Alfredo Soto, amosa a evolución da cidade a través das persoas que nela habitan.

Do 17 ao 30 de decembro, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Axenda

"Corcheas, semifusas e ilusións"

Con música en directo, composta cos acordes da baralla de Martín Camiña. Unha das mellores bandas do momento, a Muras Triofunk, vese na obriga de compartir escenario cun ilusionista melómano. El desexa tocar, pero a súa calidade musical está á mesma altura cós orzamentos para a cultura, co que só lle queda continuar cos seus números de maxia.

O sábado 29 de decembro, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: