Xoves 3 de novembro 2011

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

I Feira Internacional de Emprego

Santiago de Compostela acolle a primeira edición da Feira Internacional de Emprego, organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela, que pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades participantes.

O xoves 3 de novembro, de 10:00 a 22:00 horas, e o venres 4 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, no Multiúsos Fontes do Sar.

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Compartir: