Domingo 19 de decembro 2010
Axenda
"Poesía suspensa" na Zona C
Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.
Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.
Axenda
Apalpando as ilusións 2010
O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.
Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.
Axenda
Concerto da banda Municipal de Música
Novo concerto dominical da Banda Municipal de Música, dirixida por X.C. Seráns.
O domingo 19 de decembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.