Martes 25 de xullo 2006
Axenda
A arpa soa en San Miguel dos Agros
O compostelán Manuel Vilas estará na Igrexa de San Miguel dos Agros coa súa arpa de dúas ordes, nun novo concerto do programa de Vía Stellae.
O martes 25, ás 23.30 horas, en San Miguel dos Agros.
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Actividades para todos no Centro Sociocultural de Conxo
No que queda de mes de xullo continúan a desenvolverse as diversas actividades programadas polo Centro Sociocultural de Conxo. Cursos, excursións, xogos e cine ao aire libre integran a ampla oferta do centro para estes días estivais.
Axenda
Festas do Apóstolo 2006
Do 14 ao 31 de xullo, Santiago de Compostela celebra o Apóstolo 2006.
Un completo programa para tódolos gustos para gozar durante 18 días dunhas festas para os santiagueses e para os miles de persoas que nos visitan.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.