Domingo 29 de outubro 2006
Axenda
Animalario chega a Santiago coa premiada "Hamelin"
A compañía Animalario trae a Compostela "Hamelin", unha obra premiada con catro premios Max e co favor do público. Con Andrés Lima, Alberto San Juan, Guillermo Toledo, Nieve de Medina, Javier Gutiérrez, Roberto Álamo e Nathalie Poza.
O sábado 28 e o domingo 29, ás 21:00 horas, no Teatro Principal
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
Obradoiros municipais de circo
A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.
Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.
Axenda
"Domani Lavoro", de Paco Rocha
"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.
Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.