Luns 2 de outubro 2006
Axenda
XI Edición de "Galicreques"
O Festival Internacional de Títeres "Galicreques 2006" trae de novo a Santiago ás mellores compáñías do mundo. O programa de actuacións complétase con diversos obradoiros, exposicións e outras actividades.
Do 2 ao 8 de outubro, en varios espazos da cidade.
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...