Xoves 19 de outubro 2006
Axenda
"As vodas de Fígaro" no Auditorio de Galicia
Antoni Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía de Galicia en "As vodas de Fígaro", de Mozart.
O xoves 19 e o sábado 21 de outubro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
Obradoiros municipais de circo
A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.
Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.
Axenda
Teatro del Astillero chega á Sala Yago
A compañía madrileña Teatro del Astillero representa "Mi vida gira alrededor de 500 metros".
Do xoves 19 ao domingo 22 de outubro, na Sala Yago.
Axenda
"Domani Lavoro", de Paco Rocha
"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.
Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.