Domingo 16 de novembro 2014

Axenda

UKP. Ukelele Kit Project

Ukelele Kit Project é unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan perto de 30 creadores galegos – ou vencellados a Galicia - provenientes do mundo da arte, a música e o audiovisual; creadores que partindo dun obxecto físico concreto, puxeron a traballar a súa imaxinación para dar lugar a un proxecto diferente, orixinal e divertido que agora se presenta en formato exposición.

Ata o 7 de decembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Outono Fotográfico

O Departamento de Centros Socioculturais colabora un ano máis co Outono Fotográfico en Santiago de Compostela. O festival, promovido pola Fundación Benito Losada, cumpre a súa XXXII edición, con presenza nos locais socioculturais da cidade ata finais deste 2014.

Este outono, en diversos centros socioculturais.

Axenda

"Gold, green and black", mostra fotográfica sobre as cores da cidade

O Consorcio de Santiago presenta a exposición Gold, green and black no soto do Museo das Peregrinacións e de Santiago. A mostra reúne 60 fotografías que ilustran a gama de cores tan característica da cidade compostelá. Son imaxes dos fotógrafos galegos Alberte Peiteavel, Adolfo Enríquez e Tono Arias e da deseñadora Uqui Permui, directora da montaxe.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. De martes a sábado, polas mañás de 10:00 a 14:00 horas e polas tardes de 17:00 a 21:00 horas (a partir do 1 de novembro comeza o horario de inverno, que pasa a ser de 16:00 a 20:00 horas). Os domingos o museo abre de 11:00 a 14:00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda

"Os tesouros da illa de Granellandia"

O Consorcio de Santiago, en colaboración con El Patito Editorial, exhibe a exposición Os tesouros da illa de Granellandia na Fundación Granell. A mostra recolle as ilustracións do conto homónimo escrito por Francisco López-Barxas. Trátase de partes de obras do pintor surrealista galego Eugenio Granell ás que o deseñador Fausto Isorna engade ao protagonista desta historia.

Ata o 23 de novembro, na Fundación Granell.

Axenda

XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross

XIV Trofeo Cidade de Santiago de Ciclocross, proba organizada polo Club Ciclista Muebles Compostela, co patrocinio do Concello de Santiago.

Nesta ocasión, os organizadores prepararon un percorrido de 2,8 quilómetros cunha dificultade media-alta, incrementada máis aínda polo clima previsto e a humidade do terreo nestas datas.

Repartiranse 33 trofeos entre as 11 categorías a competición: elite, sub-23, master 30, 40, 50 e 60, júnior, cadete, féminas e sénior. Os corredores, segundo as catogorías, sairán ás 10:30, 11:10 e 12:00 horas.

O domingo 16 de novembro, a partir das 10:30 horas, na Granxa do Xesto.

Axenda

Exposición antolóxica de Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado, unha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia.

A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén, Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.

Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

A Banda Municipal de Música con Abe Rábade

Oportunidade única de gozar dun programa extraordinario coa Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero. A formación interpretará Rhapsody in Blue, de G. Gershwin, e a Sinfonía do Novo Mundo, de A. Dvorak.

Para a primeira obra, a Banda estará acompañada dun solista convidado, o pianista compostelán Abe Rábade, especialista en jazz e cunha exitosa carreira internacional.

O domingo 16 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Cineuropa 2014

Cineuropa celebra neste 2014 a súa 28ª edición con proxeccións en distintas salas, concertos e actividades complementarias.

Do 9 ao 30 de novembro, no Teatro Principal.

Axenda

Camarada Nimoy

Terceiro concerto do Ukelele Kit Project con Camarada Nimoy. O seu formato reducido, lonxe de ser un set acústico, é unha revisión máis electrónica e experimental dalgúns temas do seu esgotado LP en vinilo vermello (sons que van desde a psicodelia, surf horror, swing ata o krauth pasado todo polo seu flitro lounge con naturalidade) e tamén de pezas ou versións ainda non interpretadas polo grupo que terán un tratamento concreto e único para esta actuación, mesturando o aire electrónico e espacial que lles caracteriza co son de instrumentos acústicos como o ukelele e outros elementos.

O domingo 16 de novembro, ás 20:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: