Xoves 20 de xuño 2013

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Oswaldo Digón, presenta o seu espectáculo "Diálogos en 3D"

Diálogos en 3D, o único espectáculo teatral onde se pode ter o móbil aceso, onde o público poderá ser partícipe do devir da obra a través do teléfono móbil. Oswaldo Digón chega a Santiago da man do ciclo Falabaratos.

O xoves 20 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: