Sábado 25 de maio 2013

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"A Berenguela", mostra visual no Museo das Peregrinacións

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías) acolle a exposición A Berenguela, unha mostra visual sobre a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago, unha das obras cume do barroco e que foi recentemente restaurada.

O Consorcio de Santiago abre esta exposición en colaboración con Teófilo Comunicación. Precisamente, aproveitando a restauración da Torre, o fotógrafo da empresa de comunicación Alberte Peiteavel, realizou unha extensa reportaxe fotográfica que permitiu descubrir detalles arquitectónicos que habitualmente pasan desapercibidos ao ollo do viandante.

A exposición componse dunha selección destas fotografías acompañadas de textos explicativos e elementos audiovisuais.

No Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Malevaje

Malevaje naceu á sombra dun local madrileño onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entoaba melodías tangueras con estraña paixón. Nos seus máis de 25 anos de traxectoria, con 12 discos no mercado, o grupo defendeu a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións en busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre, pero sen esquecer nunca o respecto absoluto ás raíces do xénero. No ciclo Sons'13 presentan eses 30 anos de tango.

O sábado 25 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: