Xoves 11 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto didáctico coa Banda Municipal de Música

A programación de concertos didácticos Imos á banda! ten como principal obxectivo o achegamento desta agrupación aos máis novos. Neste concerto en concreto a Banda Municipal de Música centrarase no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

Os días 9, 10 e 11 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Disco las Palmeras!

Disco las Palmeras! nace no 2009. Xeograficamente, o grupo móvese entre Santiago de Compostela e Sarria (Lugo), lugar do seu centro de operacións. En só 6 meses gravan a súa primeira maqueta, que colgan en myspace e todo comeza a sucederse a velocidade de vertixe, xa que as súas cancións comezan a chamar a atención dos medios sen facer nin unha soa copia física. Concerto incluído no ciclo Compostela Rock.

O xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Bodas de sangre", de García Lorca, por Tejido Abierto Teatro

Bodas de sangre é, xunto a La casa de Bernarda Alba e Yerma unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Esta Bodas de sangre representada por Tejido Abierto Teatro é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas onde a traxedia andaluza convértese en teatro.

O xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

O venres 12 de abril, funcións escolares ás 9:30 e 12:00 horas, tamén no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: