Mércores 6 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Faust Box"

Un corpo xace no chan ante a mirada impasible dun home que agarda. Un son de campá e todo se acelera. Un espazo claustrofóbico, o tempo detido, dous corpos enfrontados e moitos recordos por aclarar. Esta é a presentación deste primeiro asalto en forma de microteatro do Faust Box de Ut-Tópico Teatro que poderemos ver no Principal do 4 ao 7 de abril. Dentro do ciclo Teatro & Danza.

Os días 6, 7 e 8 de marzo, ás 20:30 horas, en A Regadeira de Adela.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: