Luns 25 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Accademie del Piacere

Música espiritual e relixiosa do Barroco italiano, romano e italiano integra o programa deseñado por unha das agrupacións de refencia da nova xeneración da música antiga española, a sevillana Accademia del Piacere que dirixe Fahmi Alqhai.

O luns 25 de marzo, ás 19:30 horas, na igrexa das Ánimas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Grupo Instrumental Siglo XX

As vangardas estarán representadas por tres dos seus grandes mestres (Schoenberg, Ligeti e Adams) neste concerto que ofrece unha das agrupacións que revitalizaron a interpretación da música contemporánea en Galicia: o Grupo Instrumental Siglo XX, de Florian Vlashi

O luns 25 de marzo, ás 21:30 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: