Sábado 23 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Coro Novo da Sinfónica de Galicia

A canteira de voces galegas creada pola Orquestra Sinfónica de Galicia mostrará a súa valía cun variado programa na Igrexa de San Martiño Pinario e no marco do Festival de Músicas Contemplativas.

O sábado 23 de marzo, ás 19:30 horas, na igrexa de San Martiño Pinario.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Los caminos de Serkeci

Unha das oportunidades de admirar outras tradicións musicais, como a xudea que nos brinda este concerto na igrexa de San Francisco de Los caminos de Serkeci, unha agrupación formada por músicos gregos e españois. Festival de Músicas Contemplativas.

O sábado 23 de marzo, ás 21:30 horas, na igrexa de San Francisco.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: