Venres 22 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Música contemporánea checa para violoncello

Un dos máis salientables cellistas da súa xeración, o checo Jirí Bárta, ofrece un recital de música contemporánea checa para violoncello dentro do Festival de Músicas Contemplativas.

O venres 22 de marzo, ás 19:30 horas, na igrexa de Santa María do Camiño.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Jazz Bach

Fusión de xéneros musicais no Festival de Músicas Contemplativas: o barroco e o jazz van da man no programa Jazz Bach, protagonizado polo dúo de cello e piano formado polos checos Jiří Bárta e Milan Svodoba.

O venres 22 de marzo, ás 22:00 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: