Luns 18 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música en San Lázaro

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece o seu habitual concerto semanal no que achega a música a todos os composteláns e visitantes. Nesta ocasión sae do Teatro Principal, onde adoita ser este concerto, e cambia de día, habitualmente é os domingos, para achegarse ao barrio de San Lázaro que celebra a súa tradicional Festa da Uña.

O luns 18 de marzo, ás 13:00 horas, en San Lázaro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Franper Rodríguez dirixe á Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo neste concerto no que Vicent Grau será o percusionista. Nel estrearán obras de Rui Penha, Joao Pedro Oliveira e Mateo Mena Calavia, compositores que estarán presentes durante o concerto.

O luns 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: