Sábado 16 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"O Mago de Oz"

O Mago de Oz con catro anos en cartel e máis de 400.000 espectadores e 800 funcións, foi Premio Teatro de Rojas 2012 ao Mellor espectáculo familiar. O Mago de Oz é unha historia entrañable que contén todas as claves do clásico de L. Frank Baum, os seus símbolos e os seus valores, actualizado aos nosos tempos ao explorar camiños que o achegan ao esixente público do século XXI.

O sábado 16 de marzo, ás 17:00 e 19:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Escenas Poéticas 3: O asombro"

Aneis, Asombro e Desassossego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.

O venres 15 e o sábado 16 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 17, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pregón de Semana Santa

O pregón de Semana Santa rematará musicalmente coa actuación de grupos de cámara de alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais

O sábado 16 de marzo, ás 20:30 horas, na igrexa de San Paio de Antealtares.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

McEnroe no Compostela Rock

McEnroe visítanos cando cumpren dez anos en activo, tempo no que a banda de Getxo acadou un estatus de grupo con soleira no que todos os seus discos son agardados con expectación á espera de saber qué nova volta de torca darán debaténdose a medio camiño entre o shoegaze e o folk-pop máis pausado.

O sábado 16 de marzo, ás 21:00 horas, na sede da SGAE/Fundación Autor.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: