Sábado 5 de xaneiro 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu tradicional concerto do Día de Reis. Nesta ocasión estará dirixido por Manuel Hernández Silva e contará coa soprano Beatriz Díaz nun programa de obras e arias de ópera.

O sábado 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Real Filharmonía de Galicia, coa dirección de Diego García Rodríguez

O director galego Diego García Rodríguez dirixirá a Real Filharmonía de Galicia que interpretará un programa con letra e música de E. Satie narrado por Xosé Esperante.

O domingo 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: