Xoves 20 de decembro 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición de Alfredo Soto en Vite

A exposición Un século de retratos da vida social de Compostela, de Alfredo Soto, amosa a evolución da cidade a través das persoas que nela habitan.

Do 17 ao 30 de decembro, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Axenda

"Cando o efímero se fai tanxible" no CSC da Rocha

Exposición colectiva das artistas Marlene Romero, Estrela Alonso e Alba Carro, Cando o efímero se fai tanxible, comisariada por Maria del Cielo Marcos, estudante do último curso de Belas Artes.

20 fotografias en branco e negro onde se reflicte a natureza e o ser humano dende o concepto do efímero.

Do 14 ao 24 de decembro, no Centro Sociocultural da Rocha (Rúa do Beado 1, Rocha Vella).

Horario: martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Viaxe pola historia da música pop con Aerosoul no CSC de Vite

Concerto do grupo Aerosoul, que fai unha viaxe musical pola historia da música pop destinada a un público familiar.

O xoves 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Axenda

Concerto da Asociación Coral Pontemantible no CSC das Fontiñas

Concerto da Asociación Coral Pontemantible, de Guadalupe. Interpretará o seguinte programa: Iste confessor (A.Scarlatti), Bernaldino e Sabeliña (romance anónimo), Eu teño un canciño (cantar de cego de Lugo), Cancâo alentejana (M. Faria), Ai, linda amiga (anónimo S. XVI), Baila nena (canción popular galega), Meu neniño é pequeniño (canto de berce), Torrevieja (Habanera de Ricardo Lafuente), Dindirindin (anónimo S. XVI), Canción al Niño Jesús (Brahms, arranxos: Nemesio García Carril), Vinde picariñas (popular) e Noite de paz (Franz Gruber).

O xoves 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Los Deltonos

Los Deltonos, uns clásicos do rock nacional, presentan o seu novo disco, La caja de los truenos no marco do ciclo Compostela Rock.

O xoves 20 de decembro, ás 21:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto da Real Fiharmonía de Galicia

Concerto da Real Fiharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá, no que se poderá escoitar o seguinte programa:

G. Rossini
Abertura Semiramide
J. Durán
Divertimento
J. Brahms
Sinfonía núm. 1 en do menor, op. 68

O xoves 20 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: