Sábado 15 de decembro 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cando o efímero se fai tanxible" no CSC da Rocha

Exposición colectiva das artistas Marlene Romero, Estrela Alonso e Alba Carro, Cando o efímero se fai tanxible, comisariada por Maria del Cielo Marcos, estudante do último curso de Belas Artes.

20 fotografias en branco e negro onde se reflicte a natureza e o ser humano dende o concepto do efímero.

Do 14 ao 24 de decembro, no Centro Sociocultural da Rocha (Rúa do Beado 1, Rocha Vella).

Horario: martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

"Nuncabunga"

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenvólvese nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu o seu fogar. As súas habitudes e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fora. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo? Representación de O Elefante Elegante dentro do ciclo Teatro&Danza.

O sábado 15 de decembro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: