Venres 14 de decembro 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cando o efímero se fai tanxible" no CSC da Rocha

Exposición colectiva das artistas Marlene Romero, Estrela Alonso e Alba Carro, Cando o efímero se fai tanxible, comisariada por Maria del Cielo Marcos, estudante do último curso de Belas Artes.

20 fotografias en branco e negro onde se reflicte a natureza e o ser humano dende o concepto do efímero.

Do 14 ao 24 de decembro, no Centro Sociocultural da Rocha (Rúa do Beado 1, Rocha Vella).

Horario: martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Los Enemigos

A primeiros de setembro empezou a circular un comunicado de prensa polo que moitos suspiraban desde tempo atrás. Viña asinado polos Enemigos -Josele, Fino, Chema e Manolo- e anunciaba a súa volta aos escenarios durante todo 2012, dez anos despois do apoteósico tour con que se despediron, deixando un rastro indeleble na memoria do rock en castelán. Agora chegan a Santiago, con dous concertos, no marco do ciclo Compostela Rock.

O xoves 13 e o venres 14 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Berto Romero

La apoteosis necia é o terceiro espectáculo teatral que protagoniza Berto Romero coa súa compañía El Cansancio. Trátase dun show de cómico que desprega o inconfundible e persoal humor de Berto ao longo de 90 minutos de monólogos e cancións. Santiago é a última parada do espectáculo.

O venres 14 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: