Mércores 12 de decembro 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xoán Curiel

Presentación dentro do ciclo Íntimo & Acústico do novo proxecto de Xoán Curiel que el mesmo define como unha paréntese no Magnético Zen. Mentres vai difundindo o Magnético Zen e vai tocando saen novas cancións e proponse facer unha breve paréntese no fin deste ano que foi... e vai ser.. tan intenso de presentacións, participacións en eventos e en diferentes discos. En Novas, Curiel detense para cantar temas inéditos, temas novos que perfilan un novo Cd e algún tema das colaboracións noutros discos de outros artistas, amosa o novo que está creando cun formato diferente. Nesta ocasión estará acompañado dos músicos Serginho Sales e Alberte Rodríguez e contará coa colaboración de María Blanco e Nastasia Zürcher.

O martes 11 e o mércores 12 de decembro, ás 21:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Gharbo!", por Contra2 e o Centro Coreográfico Galego

O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproduce na presente temporada escénica 2011-2012 o espectáculo titulado Gharbo! xunto á compañía de danza Contra2 que representa Nelson Quinteiro. Gharbo! propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar.

O mércores 12 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: