Luns 8 de outubro 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Na miña bicicleta", mostra fotográfica de Ángel Luis Utrera

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle a mostra Na miña bicicleta, con fotografías de Angel Luis Utrera.

Do 2 ao 13 outubro no CSCXM do Ensanche.

Axenda

Concerto de Pazos e García xunto á pianista Ave Sikk

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela organiza un concerto no que poderemos escoitar ao tenor José Pazos e ao barítono Marcos García Gutierrez acompañados pola pianista Ave Sikk. Interpretarán obras de Donizetti, Korngold, Tchaikovski, Bizet, Moreno Torroba, Sorozábal.

O luns 8 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: