Mércores 10 de outubro 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
Exposición de Quintana Martelo
O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.
Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.
Axenda
VIII Ciclo de Lied
A soprano Measha Brueggergosman interpreta temas da época dourada do cabaré, con Roger Vignoles ao piano: Britten, Rorem, Schoenberg, Poulenc, Bolcom e Satie integran o repertorio deste concerto, co cal pecha o VIII Ciclo de Lied.
O mércores 10 de outubro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.