Venres 18 de marzo 2005
Axenda
Ultranoite pop(ular) galega na Sala Nasa
Cabaret colectivo
O xoves 17, venres 18 e sábado 19 ás 22.00 horas, na Sala Nasa, Ultranoite pop(ular) galega.
Axenda
Actividades do Centro Sociocultural das Fontiñas
Para o venres 18, baile para os maiores e inauguración dunha exposición.
O venres 18, ás 17.00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas, o Clube dos maiores organiza un baile con orquestra no que actuará o "Dúo Master".
Ás 20.30 horas dese mesmo día inaugurarase a exposición "7 pecados", do colectivo Os Sapoconchos. Trátase dunha colección de obxectos e pinturas relixiosos.
Axenda
A Aula de Teatro da Universidade de Murcia presenta "Volvió una noche"
XI Festival Internacional de Teatro Universitario
O venres 18 ás 21.00 horas no Teatro Principal a Aula de Teatro da Universidade de Murcia representará "Volvió una noche", de Eduardo Rovner.
Axenda
Javier Fernández Martín presenta "Alma27"
Danza
O xoves 17, venres 18 e sábado 19, no Teatro Galán, ás 22.00 horas, Javier Fernández Martín presenta o espectáculo de danza "Alma27".