Xoves 5 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Psicópata", comedia negra de Antón Coucheiro e Manuel Cortés

Germán Serra é un verdadeiro monstro. Coñecido coma o "artista do cúter", deixou un regueiro de asasinatos e pezas de arte con cadáveres que o fixeron famoso. Despois de dez anos en cadea, accedeu a realizar unha serie de performances organizadas por Institucións Penitenciarias para reducir a súa condea. Leva unha década sen matar, pero hoxe pode ser diferente... Psicópata é unha comedia negra sobre a falta de empatía, sobre o ascenso ao poder dos que non teñen escrúpulos e sobre o propio lado escuro que todos levamos dentro. Suspense, interactuación co público, vídeos, cancións, humor gráfico, gore, playmobils, dj, provocación, efectos especiais, un pouco de terror e, sobre todo, humor negro... Todo isto é Psicópata.

O mércores 4, o xoves 5, o venres 6 e o sábado 7 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 8 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Jakub Hrusa dirixe a Orquestra Sinfónica de Galicia

O pianista italiano Andrea Lucchesini regresa ao Auditorio de Galicia para interpretar o máis coñecido dos concertos para piano de Saint-Saëns, o segundo, que ben pode servir de mostra da enerxía e personalidade do autor parisiense e cuxa variedade estilística foi interpretada por algúns como caprichosa. Programa integramente francés con dúas obras de Albert Roussel e a poética e coreográfica La valse, de Maurice Ravel.

O xoves 5 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Screaming Headless Torsos

Fundada a mediados dos noventa, os Screaming Headless Torsos foron sempre unha banda de culto, dirixida a públicos moi diversos, con amplos gustos e amantes dos cruces de estilos. Screaming Headless Torsos constitúen o máximo expoñente do crossover metal, funk e jazz-rock, sempre sobre bases e cores vocais da música negra con reminiscencias rhythm&blues e hip-hop. Un concerto no que se gozará tamén do acid jazz dos lucenses Cats and Monkeys.

O xoves 5 de marzo, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.Screaming Headless Torsos.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: