Sábado 21 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia

Ralph Vaughan Williams e o mestre do Romanticismo Franz Schubert son os autores deste novo concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia organizado en colaboración co Conservatorio Profesional de Música compostelán.

O sábado 21 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Recital poético-musical para conmemorar o Banquete de Conxo

O Día Internacional da Poesía é a data escollida para un acto poético-musical de celebración do Banquete de Conxo. Tres poetas, Xiana Arias, Olalla Cociña e Alba María, a través da palabra e da música, celebrarán a voz da poesía e a música. Lembrarase o acto do banquete de conxo e leranse os brindes poéticos.

O sábado 21 de marzo, ás 18:30 horas, na escalinata do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Axenda

"Xardín suspenso", estrea do CDG

Unha historia de amor. Un amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta nova que investiu todas as enerxías na construción dun depurado xardín sen plantas. Ao mesmo tempo, é unha navalla certeira (de cociña) dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por adquiridas e das aparencias que non ousamos deixar de vestir cada vez que saímos de casa. Abel Neves axita as relacións familiares e o micro-cosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade. E confróntanos co poder das palabras simples, palabras que xorden case sen nos decatar e que á mínima fenda poden converterse en coitelos letais. Cándido Pazó dirixe esta estrea absoluta do Centro Dramático Galego.

No Salón Teatro:
Sábado 14 de marzo, ás 20:30 h.
Domingo 15 marzo, ás 18:00 h.
Venres 20 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 21 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 22 marzo, ás 18:00 h.
Venres 27 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 28 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 29 marzo, ás 18:00 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Es un Árbol, na Zona C

En el parlamento é o segundo disco de Es un Árbol, composto por 15 temas de rock absurdo. Gravado e mesturado nos insignes Estudos Pastora por Jose Vázquez e Álvaro Gallego na Semana Santa de 2014. Estarán acompañados da banda viguesa Cró!

O sábado 21 de marzo, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Martirio e Raúl Rodríguez

Martirio e o seu fillo Raúl Rodríguez presentan en Sons o seu traballo De un mundo raro. Cantes por Chavela, unha reinterpretación vangardista do repertorio de Chavela Vargas. A admiración e o respecto de Martirio pola figura de Chavela Vargas vén de lonxe e é de sobra coñecida e permitiulle compartir ao longo dos anos moitos encontros e vivencias con "La Chamana" a unha beira e outra do océano.

O sábado 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: