Xoves 25 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

Exposición fotográfica do último certame MúsicaXove

Como unha das actividades de promoción para os grupos participantes no Certame MúsicaXove, que cada ano programa a Concellería de Xuventude, realízase unha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado o 20 de decembro do 2012 na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

Ata o 20 de maio, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concertos didácticos coa Real Filharmonía e Thomas Piel

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico baixo o nome de O Concerto para violencello de Gulda acompañada por Thomas Piel, violoncellista. O concerto está dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e do Bacharelato.

O mércores 24 e o xoves 25 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

X aniversario do CSC da Trisca

O venres 26 de abril cúmprense 10 anos dende a inauguración e posta en marcha do Centro Sociocultural da Trisca, emblemático e moderno edificio deseñado polos arquitectos Jonh Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Para celebralo, a Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coas entidades do barrio, preparou un completo programa de actividades.

Do 24 ao 27 de abril, no Centro Sociocultural da Trisca.

Axenda

Budiño

Músico galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convicción, soñador de melodías imposibles. Budiño é un artista atípico: é difícil atopar alguén que desperte tanta admiración entre os seus. No ciclo Sons'13 ofrece o primeiro concerto de presentación do seu novo disco.

O xoves 25 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: